Comentario de Sonia Framiñán González
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Cando comecei a
ler o libro pensei que non me ía gustar nada, pero como en todas as historias,
a cousa non é como empeza, senón como remata.
Segundo fun lendo, foime enganchando máis.
Empezou a gustarme e a intrigarme.
En realidade, a min nunca me gustaron as
historias de dragóns, xa que as historias fantásticas... non me emocionan
demasiado. E tampouco me gustan as historias con motivos relixiosos, resúltanme
moi pesadas e aburridas.
Como dixen antes, a cada paso funme metendo
máis na historia, funme interesando máis. Pero o final decepcionoume moito.
O que si me gustou foi a historia do pai, da
súa morte e os recordos que Hadrián gardaba del.
Sen comentarios
Publicar un comentario