ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/11/12

Dragal

Comentario de Mariana Carreño

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais






       Dende o principio o libro nin me enganchou nin me gustou. Persoalmente a min non me gustan as historias de dragóns, nin as historias tan fantásticas como esta.
  
       As únicas partes do libro que me chegaron a gustar foron cando Hadrián e Mónica percorreron as catacumbas, cando chegaron ás pozas da Moura e cando Hadrián recordaba as historias que lle contaba seu pai.

       O final non me gustou nada. Non o esperaba para nada

       Custoume moito acabalo porque ao principio parecíame moi aburrido e tiven que empezalo a ler varias veces e algúns capítulos tamén.

Sen comentarios