ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/11/12

Dragal

Comentario de María Framiñán Davila

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais


A min a historia, no fondo, pareceume simple. Neno mùdase de casa ou cidade, atopa un misterio coa axuda dunha persoa,amiga,familia,..
Encontra a soluciòn ò misterio.
E creo que estes argumentos son moi predecibles, xa que se sabe o que vai acontecer.
O defecto que lle atopo a este libro é que no acontecemento do beizo non se volve mencionar máis no libro del. Quero dicir que este libro non está caracterizado para persoas que lles guste ler sobre o os temas do amor ,porque neste caso trátase máis ben dun libro de misterios e de segredos ben gardados.
Unha cousa que non me convenceu moito foi que dende as páxinas cen ata a cento cincuenta extendeuse moito no libro a autora.
E iso repercute na consecuencia de que te cansas del e perdes o entusiasmo. Pero afortunadamente à metade do libro máis ou menos empezou a coller axilidade e volveu a entusiasmarme como me pasara ao prinicipio. 
Pese a todo isto o libro gustoume, non foi dos mellores que lin pero gustoume e pareceume entretido e misterioso.

Sen comentarios