Comentario de Antonio
Guimaraes de Sousa
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Gustoume
moito este libro porque trata da historia dun dragón, tamén porque os seus
personaxes principais son da miña idade e entendín mellor de que ía. Unha das
partes que non me gustou foi cando perdeu ao seu pai e tivo que voltar a terra
natal dos seus pai, en Galicia.
O libro encantoume porque é de moito misterio, intriga e de fantasía; intrigoume
dende a primeira páxina ata a última, tamén trata de tristeza, amor e de
misterio cousa que me gustou, gustaría meler a súa segunda parte.
Outra das cousas que non entendín foi porque o párroco don Xurxo puxera unha
denuncia de roubo cando sabía perfectamente que os que estaban nas catacumbas
eran Hadrián e Mónica e o que menos me gustou foi que Hadrián terminase
convertido nun dragón.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario