Comentario de Andrés Salgueiro
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Ó principio non o entendía. Non tiña sentido
que o título fora sobre dragóns e que o contido das
primeiras páxinas non falara nada sobre iso.
Páxina a páxina fun entendendo cada vez máis,
e tamén ía lendo cada vez máis porque me ía
gustando.
Cando empeza co tema das catacumbas empézame a enganchar bastante e non paraba de ler
porque quería saber o que ía pasar máis tarde.
O final non é moi bonito nin dá sensación de
remate. Para que fora bonito e dera sensación de
remate habería que ler as outras partes de Dragal.
Con todas as cousas boas e malas, a min
gustoume bastante este libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario