ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/11/12

Dragal

Comentario de Laura Presas Mato

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais



Dragal é un libro de intriga e fantasía. Trata dun rapaz chamado  Hadrián que acompañado da súa amiga Mónica, viven unha serie de aventuras baseadas todas nun medallón que cambia de forma.
Non foi un libro que me gustase, os primeiros dez capítulos leváronme a varios intentos de deixar de lelo. Xa que me pareceron moi aburridos, pero a partir de aí, a historia ía collendo sentido, e ganábase a miña atención. Ten un final moi desconcertante, déixate con moitas preguntas sen resposta, aínda que para atopala habería que ler a segunda parte. 
Non llo recomendo á xente que non lle gusten as historias de intriga e misterio, pero para as persoas que lle gusten sería un fantástico libro para desfrutar da súa lectura.
 

Sen comentarios