Comentario de David Núñez Ouzande
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
A primeira vez que vin o libro pensei que non
me ía gustar para nada, porque a min os dragóns non me gustan, pero a medida
que o fun lendo engancheime a el. Parecéronme interesantes as aventuras dos
protagonistas, Mónica eHadrián.
Este é un libro diferente aos demais porque
trata de aventuras descoñecidas para min, como por exemplo as catacumbas,
lugar escuro e tenebroso, a biblioteca do avó onde o rapaz entraba as
agachadas ...
Tamén ten partes de misterio: o feito de non
saber o que pasará na páxina seguinte...
Creo que ninguén imaxinaba o que pasaría cando
Brais baixou ás catacumbas
Gustaríame ler a segunda parte de Dragal para
despexar as dúbidas sobre o libro e tamén as preguntas que me fago, e que
non lle atopo resposta .
Sen comentarios
Publicar un comentario