ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/11/12

Dragal

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais



Este raro e inhabitual libro para min, non conseguiu causarlle unha boa sensación ao meu interior. Pode ser porque este tipo de libros non son os que me espertan maior interese no mundo da lectura ou porque eu non souben interactuar co argumento.
Xa examinando o libro un pouco máis a fondo, teño que admitir que ó inicio si que conseguiu espertarme algún interese pero cando o libro avanzaba tamén o facía o meu desencanto coa novela, o que  acabou por rematarme foi o final xa que o elixido pola autora non me parece lóxico. Que un rapaz normal e corrinte se converta nun animal mitolóxico como é un dragón vén sendo bastante raro ata botándolle moita imaxinación e no meu pensamento había outros finais posibles que encaixaban moito mellor , segundo a miña forma de ver.
Tamén opino que nun relato dirixido a rapaces da nosa idade non encaixan moi ben dragóns, igrexas e medallóns xa que non son o tipo de cousas que  máis nos chama a atención nestes momentos.
Espero que este ano haxa libros que encaixen mellor co meu gusto e que se respecte a miña opinión.
 

Sen comentarios