ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/11/12

Dragal


Comentario de Alba Iglesias López

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais



Dragal é un libro que me interesou xa que tiña partes de misterio, pero tamén de tristeza.

Ó principio contaba a vida do rapaz e non sabía o que pasaría despois. Facíase máis interesante cando a súa nai lle entregou un medallón de seu pai e que a partir de aí Hadrián e Mónica,
unha rapaza da súa clase, resolven cousas que pasaron no pasado e cada día que o lía enganchábame máis. A min, persoalmente , a parte que máis me interesou foi cando os dous rapaces entran na Igrexa de San Pedro e van polo túnel para encontrar respostas a moitas preguntas.

Gústanme libros como este, pero ó final quédanme algunhas dúbidas e apetéceme ler o
seguinte para aclaralas e pasar a tarde imaxinando o que lle pasará ós protagonistas. 
Grazas a
autores e autoras podemos desfrutar e divertirnos con historias sorprendentes como Dragal.
 

1 comentario:

Martina Domínguez dixo...

A min Dragal non me gustou nada.

Eu comecei a ler o libro con bastante ilusión, a verdade, pensaba que me ía enganchar ou, ao menos, gustar. Pero, non foi así, estando pola páxina 100 seguiame custando lelo.

Aínda que tamén direi que había certas cousas que me gustaron como a relación de Xurxo e Mónica, como pensaba o neno no seu pai e tamén cando o narrador contaba as aventuras e os descubrimentos dos rapaces, eso foi o que máis amenizou a miña lectura.

Así que, ben, espero que o próximo libro me guste máis!