Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Dragal, a herdanza do dragón de Elena Gallego Abad conta as aventuras dun rapaz chamado Hadrián que despois conta coa axuda de Mónica, unha rapaza que é moi aplicada nos estudos.
A min, persoalmente, nin me gustou nin me deixou de gustar porque na introdución non me enterei ben que pasaba e porque ten pasaxes aburridas, aínda que tamén é moi interesante polas expedicións ás catacumbas, isto dálle ao libro certo toque de misterio, e isto gústame. Por outra parte o final do libro é moi aberto, o que aínda ofrece máis misterio. O libro tamén me pareceu sorprendente e raro, nunca pensei que Hadrián se convertería en dragón. Tamén me gustou porque me deixou coa curiosidade de que pasou ao final con Mónica, polo que ocorría no libro supuxen que estaba namorados e gustaríame saber como acabarán. En resumo, o libro gustoume e desgustoume, ten cousas interesantes e aburridas. Non foi o mellor libro que lin pero tampouco o peor.
Tamén non se sabe que pasou ao final, que fixo a policía coa denuncia de Don Xurxo, non se sabe quen foi o culpable, pero para saber iso será necesario comprar a segunda entrega da saga que eu non lerei porque penso que non é un libro que valla a pena lelo e perder o tempo. Espero que o seguinte libro sexa algo máis entretido e que o final non deixe tantas cousas sen aclarar.
Volvo destacar que o que máis me gustou foi cando foron de aventura polas catacumbas e mais concretamente cando os seguiu o acosador e os morcegos lle tiraron o facho e se quedara ás escuras a causa do berro de Mónica, esa parte fíxome moita graza.
Este libro recoméndollo aos que lles gusten os dragóns cun toque de misterio senón non creo que lle guste a ninguén.
1 comentario:
Cando empecei a ler este libro pensei que no me ía gustar porque
me parecía que ía ser unha historia moi semellante a outras que
teño lido xa que toda a historia baseábase na vida dun rapaz que
chega á aldea, coñece a unha rapaza coa que deberá enfontarse
aún misterio e da que porsuposto rematará namorándose.
Pero a medida que fun lendo deime conta que era unha historia
moi intrigante que consegueu manterme en suspense ata o último
capítulo.
É unha historia chea de fantasía, na que aparecen dragóns de
pedra que falan, medallóns de metal vivos e catacumbas que
levan a lugares máxicos. Todos estes elementos conseguiron
engancharme para chegar ó final do libro e saber quen lle
aconteceu ós rapaces e a Don Xurxo, aínda que tal e como
termina parece que quedas con ganas de continuar a historia.
A parte que máis que me gustou foi cando vai a policía á igrexa
de San Pedro e Hadrián, Mónica e Don Xurxofan das súas para
que non os pillen.
Pero o que máis me sorprendeu foi a metamorfose de Hadrián en
dragón, porque non me esperaba ese final.
A verdade é que é un libro que recomendó a súa lectura, mestura
aventura con intriga e ido queda moi ben no libro
Publicar un comentario