ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/11/12

Dragal


Comentario de Andrea Fernández Ramos

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais





"Dragal" é un libro moi interesante, cando comezas a ler un capítulo xa non podes parar. Encantoume o libro porque ten misterio, amor, amizade, enganos e mentiras... É un pouco fantástico polo tema dos dragóns.
O final decepcionoume un pouco; dende que Mónica apareceu na vida de Hadrián pensei que ían ser mozos, e cando se bicaron xa o pensei seguro. Pero cando non pasou nada entre eles despois de sair das catacumbas xa non sabía que pensar.
O que máis me sorprendeu foi que ao final Hadrián se convertese en Dragal, aínda que me sorprendeu tamén me decepcionou. Quedei coa intriga de saber que pasará no próximo libro.

1 comentario:

Uxía Mosquera dixo...

Sinceramente o libro non me gustou moito, non me acabou de enganchar. Moitas veces non comprendía o que poñía e tiña que volvelo a ler.
Non adoito ler este tipo de libros, porque non me gustan. Normalmente leo contos de amor, ou tamén contos que contan historias do día a día e dos problemas que hai no mundo.
Ó principio pareceume un pouco rollo, aínda por riba xa empezaba cunha profe dando as notas dun exame. O que lle pasou a Hadrián con seu pai chegoume o corazón, iso de cambiar dun día pa outro de vida, ter que cambiar de instituto, facer novos amigos, vivir sen teu pai pa sempre, non debe der nada doado despertar moitas noites con aquel temor, aquela dor que tiña ó espertar co mesmo pesadelo todos os días.Esa parte pareceume moi triste, aí ata me chegou a entreter.Outras das partes que me gustou foi cando Mónica e Hadrián baixaron ás catumbas e el descubre que é o elixido para se converter en dragón.