ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
31/07/13
24/07/13
26/06/13
Ide á biblioteca para ler no verán
Unha recomendación: non deixedes de ler este verán. E xa me contaredes á volta as vosas fantásticas lecturas!
Atoparalo en Fomento da lectura
24/06/13
De ratos e homes
Comentario de Paula Gamallo
De ratos e homes
John Steinbeck
Galaxia
“De ratos e homes” é unha historia moi singular ,
conta a estrambótica relación de amizade entre dou homes totalmente diferentes.
George e Lennie son polo opostos, poderíase dicir que un é o que aporta a
psicoloxía ao conxunto e o outro aporta o físico. A extrema forza bruta de
Lennie fai converter a vida de ambos personaxes nunha vida nómade na que os
seus soños se ven imposibilitados polas actitudes deste; el non busca os
problemas pola súa propia vontade senón que o fai sen querer, o gran problema
é a súa deficiencia, o seu único desexo é ter un rancho co seu amigo para xogar
cos animaliños como se se tratase dun rapaz pequeno.
Porén´, George axuda
en todo momento ao seu amigo xa que a pesar de todas as dificultades que lle
causa en determinados momentos, Lennie é o único capaz de conseguir que non se
sinta só nunha época na que todo o mundo miraba por si mesmo e na que existía
un gran baleiro interno nas persoas.
As repetidas descricións
ao comezo de cada capítulo danlle ao libro un carácter máis ameno e simbólico.
Para min a lectura tornouse moito máis sinxela grazas a este continuo resalte
de trazos, pois foi moito máis fácil iso de imaxinarme a contorna onde foron
transcorrendo os feitos, a paisaxe, os personaxes... Dentro destas descrición
gustaríame resaltar tamén a mostra dos sentimentos e desexos dos personaxes,
que era totalmente detallada: nela móstrase o anhelo dunha vida máis
pracenteira e tranquila, na que non poida existir o mandato e abuso dos xefes, é dicir, hai unha continua búsqueda da felicidade na que os soños van sempre en
cabeza.
O que máis chamou a miña
atención, sen dúbida, foi o transcurso da obra e o final tan inesperado que
contén. Ao principio, a historia transcorre
cunha tranquilidade e serenidade evidente pero chega un punto no que dá
un xiro moi rápido de 360º e a historia
comeza o seu desastroso final, no que a tristeza é protagonista en todo
momento.
Realmente non me
decepcionou o final do libro. Quizais ao principio quedei cun interrogante
na miña mente porque non esperaba ese remate pero pouco a pouco deime conta das
posibles intencións do autor. Na miña opinión e, como ben dicía anteriormente,
os temas principais da obra son a soidade, o individualismo, o abuso de poder,
os soños… pero a todo isto o autor quere engadir positividade, dun xeito máis ben
tristeiro, pero positividade ao fin e ao cabo: o valor da amizade, positivo
non? Creo que está presente en toda a historia e que é importante resaltar xa
que os personaxes fan fronte a esa sociedade hipócrita axudándose mutuamente,
na medida do posíbel. Matar a unha persoa non implica ningún valor, pero neste
caso o autor non deixa outra saída e están en xogo as ilusións dunha persoa.
George decide que non vai deixar que sexan outros os que trunquen a felicidade
do seu amigo e por iso decide obrar dese modo, dun modo dástrico.
A ensinanza que
deberiamos sacar en limpo deste libro creo que quedou ben clara, na maioría dos
casos as persoas guiámonos por soños e ilusión e se eses se ven truncados a
nosa vida carece de sentido. Debemos loitar polas nosas metas pero sempre tendo
en conta a opinión e o cariño dos demais, ao fin e ao cabo somos únicos seres
capaces de sentir e relacionarnos en base a iso, por que non tirarlle proveito?
Tristes armas
Comentario de Andrés Cangas
Tristes armas
Marina Mayoral
Xerais
Tristes armas
Marina Mayoral
Xerais
Este libro gustoume e non me gustou, gustoume porque
trata temas como a emigración de dúas nenas a Rusia, a guerra civil, pero sobre
todo trata de amor. Tamén é moi triste, a min produciume unha tremenda tristeza
o momento no que as dúas nenas tratan de enviarlles unha carta aos pais para
contarlles como van as cousas, pero esa carta non puido chegar porque non podía
pasar pola fronteira e ao final da guerra, puido chegar. É un libro moi
completo e está moi ben escrito.
Non me gustou porque o tempo pasa moi rápido,
é dicir, cambia o tempo da historia demasiado rápido e hai momentos nos que che
custa entender eses cambios.
Polo demais, o libro é perfecto e recoméndollo á
xente que lle gusten os libros que traten temas de amor mesturado coa tristeza
da emigración.
Atoparalo en Amor, Guerras, Lingua Galega, Xerais
Maxina ou a filla espúrea
Comentario de Uxía Mosquera Castro
Maxina ou a filla espúrea
Marcial Valladares
Galaxia
Lin este libro coa intriga de saber o contido da primeira
novela galega do século XIX.
Resultoume moi difícil de ler, pero ao final puiden
distinguir dúas características da época reflexadas na novela. A primeira, o
tema; sacrificar a vida dunha persoa por manter a honra; Otilia unha das
protagonistas, é de clase alta, non fai nada por saber da súa filla, que naceu
dunha violación, e Maxina, a filla, é a outra protagonista, que sabe que é
espurea (nada fóra do matrimonio), rexeitada pola súa familia e criada por
unha familia de labradores, acepta a situación con resignación, sen chegar a
saber nunca os que eran os seus verdadeiros pais.
A segunda, a linguaxe; como o
galego era propio do rural, na obra fálano os campesiños, os criados e o
narrador. En cambio a clase alta, Otilia e a súa familia falan en castelán,
mesmo Maxina que é criada por uns aldeáns, fala castelán.
Gustoume o espazo onde se desenvolve a novela, porque despois
de tantos anos, son sitios que coñezo, entre Santiago de Compostela e o Pico Sacro.
É unha novela que recomendo pola época en que se escribiu, pero non por
que me gustase, a pesar de ter intriga e un final inesperado para Otilia e
feliz para Maxina.
Cartas de inverno
Cartas de inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais
Este libro é perfecto para as persoas que gostan dos mundos alternativos nos que pasan cousas estrañas que racionalmente non teñen explicación como uns estraños monstros (ao meu parecer mutantes) que viven na casa nova do amigo do protagonista. Esta historia está chea de misterio mesturada coa realidade.
Atoparalo en Agustín Fernández Paz, Misterio, Xerais
Cartas de inverno
Comentario de Iván Montoto Trabazo
Un dos libros máis bonitos que lin. Un libro de misterio, terror dos que a mi me gustan.
Encantoume que o misterio tivera que ver cos petróglifos xa que son de aquí.
Cando mencionou o ser maligno da cripta fíxome cavilar moito na forma dese estraño ser xa que non especifica nada sobre el.
No libro mestúrase moi ben a realidade coa ficción utilizando monstros irreais e imaxes de libros que se moven con petróglifos do labirinto de Mogor.
Un libro moi místico que recorda a lendas galegas.
Atoparalo en Agustín Fernández Paz, Misterio, Xerais
Que me queres, Amor?
Comentario de Bea Ferradás
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Este libro ten un montón de relatos entre os que se encontra "A lingua das bolboretas", que foi o relato que máis me chamou a atención porque xa vira a película e parecérame preciosa aínda que tiña un final ben triste.
Conta historias moi realistase ás veces tráxicas, aínda que por desgraza nada máis cerca da verdade.
Recomendo lelo, non conta grandes historias de heroes, princesas ou zombis, é sinxelamente fermoso.
Atoparalo en Galaxia, Manuel Rivas, Relatos
23/06/13
Mar de fondo
Comentario de Ana Colmeiro Corral
Este libro gustoume moitísimo! Encantoume a idea do autor de mesturar tres historias aparentemente diferentes e facer que as tres tiveran relación pero tamén me encantou que cada historia estivese escrita en diferentes persoas narrativas.. Ana foi a personaxe que máis me gustou e tamén me gustou Nicolás, aínda que non entendía por que, se os asasinos eran Domingos e Etrela, el fuxiu se non era o culpable de nada.
Non agardaba ese final, xa que despois de todo o que pasou, conseguira sobrevivir e burlar á policía.Así pois, gustoume moitísimo, como xa dixen.
Atoparalo en Galaxia, Misterio, Novela negra
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





