Comentario de Paula Gamallo
De ratos e homes
John Steinbeck
Galaxia
“De ratos e homes” é unha historia moi singular ,
conta a estrambótica relación de amizade entre dou homes totalmente diferentes.
George e Lennie son polo opostos, poderíase dicir que un é o que aporta a
psicoloxía ao conxunto e o outro aporta o físico. A extrema forza bruta de
Lennie fai converter a vida de ambos personaxes nunha vida nómade na que os
seus soños se ven imposibilitados polas actitudes deste; el non busca os
problemas pola súa propia vontade senón que o fai sen querer, o gran problema
é a súa deficiencia, o seu único desexo é ter un rancho co seu amigo para xogar
cos animaliños como se se tratase dun rapaz pequeno.
Porén´, George axuda
en todo momento ao seu amigo xa que a pesar de todas as dificultades que lle
causa en determinados momentos, Lennie é o único capaz de conseguir que non se
sinta só nunha época na que todo o mundo miraba por si mesmo e na que existía
un gran baleiro interno nas persoas.
As repetidas descricións
ao comezo de cada capítulo danlle ao libro un carácter máis ameno e simbólico.
Para min a lectura tornouse moito máis sinxela grazas a este continuo resalte
de trazos, pois foi moito máis fácil iso de imaxinarme a contorna onde foron
transcorrendo os feitos, a paisaxe, os personaxes... Dentro destas descrición
gustaríame resaltar tamén a mostra dos sentimentos e desexos dos personaxes,
que era totalmente detallada: nela móstrase o anhelo dunha vida máis
pracenteira e tranquila, na que non poida existir o mandato e abuso dos xefes, é dicir, hai unha continua búsqueda da felicidade na que os soños van sempre en
cabeza.
O que máis chamou a miña
atención, sen dúbida, foi o transcurso da obra e o final tan inesperado que
contén. Ao principio, a historia transcorre
cunha tranquilidade e serenidade evidente pero chega un punto no que dá
un xiro moi rápido de 360º e a historia
comeza o seu desastroso final, no que a tristeza é protagonista en todo
momento.
Realmente non me
decepcionou o final do libro. Quizais ao principio quedei cun interrogante
na miña mente porque non esperaba ese remate pero pouco a pouco deime conta das
posibles intencións do autor. Na miña opinión e, como ben dicía anteriormente,
os temas principais da obra son a soidade, o individualismo, o abuso de poder,
os soños… pero a todo isto o autor quere engadir positividade, dun xeito máis ben
tristeiro, pero positividade ao fin e ao cabo: o valor da amizade, positivo
non? Creo que está presente en toda a historia e que é importante resaltar xa
que os personaxes fan fronte a esa sociedade hipócrita axudándose mutuamente,
na medida do posíbel. Matar a unha persoa non implica ningún valor, pero neste
caso o autor non deixa outra saída e están en xogo as ilusións dunha persoa.
George decide que non vai deixar que sexan outros os que trunquen a felicidade
do seu amigo e por iso decide obrar dese modo, dun modo dástrico.
A ensinanza que
deberiamos sacar en limpo deste libro creo que quedou ben clara, na maioría dos
casos as persoas guiámonos por soños e ilusión e se eses se ven truncados a
nosa vida carece de sentido. Debemos loitar polas nosas metas pero sempre tendo
en conta a opinión e o cariño dos demais, ao fin e ao cabo somos únicos seres
capaces de sentir e relacionarnos en base a iso, por que non tirarlle proveito?
Sen comentarios
Publicar un comentario