Comentario de Uxía Mosquera Castro
Maxina ou a filla espúrea
Marcial Valladares
Galaxia
Lin este libro coa intriga de saber o contido da primeira
novela galega do século XIX.
Resultoume moi difícil de ler, pero ao final puiden
distinguir dúas características da época reflexadas na novela. A primeira, o
tema; sacrificar a vida dunha persoa por manter a honra; Otilia unha das
protagonistas, é de clase alta, non fai nada por saber da súa filla, que naceu
dunha violación, e Maxina, a filla, é a outra protagonista, que sabe que é
espurea (nada fóra do matrimonio), rexeitada pola súa familia e criada por
unha familia de labradores, acepta a situación con resignación, sen chegar a
saber nunca os que eran os seus verdadeiros pais.
A segunda, a linguaxe; como o
galego era propio do rural, na obra fálano os campesiños, os criados e o
narrador. En cambio a clase alta, Otilia e a súa familia falan en castelán,
mesmo Maxina que é criada por uns aldeáns, fala castelán.
Gustoume o espazo onde se desenvolve a novela, porque despois
de tantos anos, son sitios que coñezo, entre Santiago de Compostela e o Pico Sacro.
É unha novela que recomendo pola época en que se escribiu, pero non por
que me gustase, a pesar de ter intriga e un final inesperado para Otilia e
feliz para Maxina.
Sen comentarios
Publicar un comentario