ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/06/16

O achado do castro

Comentario de Vanesa Lalín


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Galaxia
 
 
 
Normalmente non leo moitos libros de teatro , pero con este “O achado do castro” decateime de que se pode pasar moi ben lendo este tipo de libros .
Os que teño lido non era tan entretidos coma este , xa que esta obra está chea de moitas situacións que me resultaron moi cómicas , que me facían rir sen darme de conta , debido a que había dous persoaxes moi simpáticos , que as veces non eran moi listos , pero en outras ocasións si o parecía , xa que eran para min ambiciosos , querían conseguir a medalla do Emperador , a como dese lugar o que os levaba a situacións moi divertidas, como por exemplo non sabían ler pero para saír do paso inventaban os poemas para decirlle o emperador .Penso que ainda que sempre estaban metendo a zoca no fondo eran sensibles .
Por outro lado esta obra faite trasladar a Roma , pero parece unha Roma cercana , xa que se describían ben os lugares , todo de forma detallada , polo cal era fácil de imaxinar.
Pero o que máis interesante da obra me pareceu é que sendo un libro tan curto é coma se tivese duas historias diferentes nel , ainda que unidas polos seus persoaxes , así por un lado estaban estes pícaros que querían conseguir o medallón do Emperador e por outro de forma ben diferente na que se nos conta unha historia de amor entre a filla do Emperador e un fillo dunha comerciante , o cal nun principio parecía imposible, pero non sei se polo destino ou por que así o quixo a vida todo rematou cun final feliz , nunca imaxinei que tanto.
Bueno, esta obra ainda que ten moitas misturas xa que vai dende emperadores , soldados, sabios , filósofos………pasando por namorados digolle a calquera que a lea, que o vai pasar ben e rirse un pouco.
 

07/06/16

Mexillóns para cear


Comentario de Telmo García Castro


Mexillóns para cear
Birgit Vanderbeke
Rinoceronte





Nunca lera un libro coma este, onde unha voz narradora narra toda a historia cunhas oracións tan longas que un case parece quedar sin alento para ler; e ademais  todo seguido, sen estar dividido en capítulos, algo que ao principio me pareceu un pouco complexo. A primeira impresión cando ollei o libro antes de lelo foi un suspiro porque tanta letra seguida parecía que te ía comer, pero non é así cando empezas a lelo e a afacerte á este estilo de narración.  É como ler un fluído de pensamentos, algo así como estar conectado á rede cerebral da narradora e non é doado seguir a narración das ideas, pero o certo é que me gustou.

Esta pequeniña novela transcorre en apenas cinco horas mentras una familia tradicional alemá espera para cear polo pai que ven dunha viaxe de negocios. A narradora é a filla e ela narra dende a súa perspectiva como ve a familia. O que parecía unha familia feliz acabamos descubrindo que non é tal. O pai é un ditador, un home caprichoso, controlador,  que non fomenta a autoestima de ningún membro da familia senón  todo o contrario xa que sempre está a correxir e desanimar á muller e aos fillos. A nai vive sometida, o fillo menospreciado e a rapaza castigada polo seu carácter rebelde. A obra ten moita crítica á vida aparente que levan moitas familias, podres de rencores e para nada felices.


Gustoume o final cando toda a familia da por feito que o pai non vai volver (un accidente?) e síntense aliviados. Nese momento mostran os seus verdadeiros sentimentos, agochados ata entón nunha convivencia de aparencias. Tiran os mexillóns que todos odiaban ao lixo e que só comían porque ao pai lle gustaban e acaba a novela. Empezamos cos mexillóns e acabamos con eles... e cunha idea de familia nova.

06/06/16

Romeo e Xulieta

Comentario de Silvia Bruguera


Romeo e Xulieta
William Shakespeare
La Voz de Galicia



Esta novela fala do amor que xorde entre os herdeiros de dúas familias enfrontadas.
Comeza cunha pelexa entre os criados das distintas familias. O príncipe ao escoitar o escándalo aparece solucionando o conflicto; advertíulles que se volvían ter ese comportamento o pagarían coa súa vida.
Os Capuleto eran a familia de Xulieta e os Montesco a de Romeo.
Romeo namorouse de Rosalina pero o seu amor non era correspondido.
Un día Mercucio, Benvolio e Romeo entraron nunha festa que celebraban os seus inimigos, os Capuleto. Conseguiron entrar desapercibidos con máscaras e fachos, unha vez alí dentro Mercucio e Benvolio desfrutaron da festa agás Romeo que estaba distraído. Tebaldo, o sobriño do señor Capuleto, descubre que un dos portadores da máscara era Romeo; decidiu falar co seu tío sobre o seu achado e este respondeu que deixase a Romeo tranquilo, xa que se comportaba como un cabaleiro, el enfadado acedeu.
Máis tarde entra Xulieta na sala, Romeo ao vela quédase namorado dela sen saber que é a filla do seu maior inimigo; feito do que máis tarde se enterará. Romeo aproxímase a aquela moza e comeza a cortexala e finalmente despídense cun bico. O amor que naceu entre eles e imposible e os dous lamentan pertencer a esas familias. Unha noite o protagonista salta o muro da casa da súa amada poñendo en perigo a súa vida para poder volvela a ver.
Ao día seguinte Xulieta manda a súa ama falar con Romeo e este dille a ama que o que sente por Xulieta é verdadeiro e quere casar con ela; dille que vaia a igrexa que Frei Lourenzo os vai casar en segredo.
Unhas horas despois da voda Romeo e Mercucio atópanse con Tebaldo, que queria pelexar con Romeo pero el non o permitiu porque se converteran en familia. No nome de Romeo, Mercucio acede a pelexar con Tebaldo para defender o seu honor, pero Romeo interponse entre eles e a espada atravesa a Mercurio, o cal máis tarde morre. Tebaldo escapa;e Romeo ao atopalo víngase matandoo.
Romeo fuxe polos seus actos, ao chegar ó principe á escena dá a orde de desterralo e se o atopan por Verona acabaran coa súa vida.
Xulieta ao saber o ocorrido comeza a chorar a morte do seu primo e o desterro do seu amado. Mentres o seu pai concédelle a Paris a man da súa filla, descoñecendo que xa esta casada. Xulieta fala con Frei Lourenzo e este dalle unha solución para non ter que casar de novo e poder estar con Romeo o resto da súa vida así que lle da un frasco cunha brebaxe para aparentar estar morta. Máis tarde a ama atopa a Xulieta "morta" e ese día o seu paí concertara o matrimonio.
Baltasar foi a Mantua a contarlle que Xulieta estaba morta e el decide que irá a ver o que sucede esa mesma noite. Mentres Frei Lourenzo busca solucións para poder enviar a carta a Romeo do plan que organizaron. Romeo marcha cara ó ceminterio onde se acha a súa amada, atópase con Paris e tenta a Romeo, e así el acaba coa súa vida.
Romeo despídese do mundo, bica a Xulieta e bebe o veleno e así morre. Frei Lourenzo chega ao ceminterio e atópase con Paris e Romeo mortos, Xulieta esperta e nese intre ao ver ao seu carón ó seu amado crávase unha daga e morre.
Aparecen varios gardas, o príncipe, os capuleto e os montesco e descobren a historia de amor entre eles pechando así as súas diferenzas remantando así co libro.
Os personaxes principais son Romeo e Xulieta co seu amor imposible.
Un dos personaxes que non me gustou foi Tebaldo xa que me pareceu un persoaxe moi violento porque sen ningún motivo comezou a loitar con Mercucio.
O príncipe penso que actuou mal ao desterrar a Romeo; xa que pese que aquel combate lle causase a morte dun familiar el non foi o culpable e castigouno inxustamente.
O libro estivo ben pero ao final danlle moitas voltas as mortes, pese o seu final tráxico os Capuleto e os Montesco danse conta de que por culpa das súas enemistades perderon parte dos seus familiares.
A parte máis fermosa é cando se coñecen os namorados; enamoraronse os dous no primeiro instante.
En resumo; pese o seu vocabulario foi fácil de entender e ao saber un pouco de que ía collinlle rapidamente o fío.

05/06/16

Instrucións para tomar café

Comentario de Telmo García Castro



Instrucións para tomar café
Manuel Núñez Singala
Galaxia





Mira que rin con este libro!  Recoméndollo a todo o mundo. Lese rápido, lese ben e aínda por enriba pásalo de cine con algunhas das historias que nel nos conta.

 O libro creo que está feito con moito humor  e dende un coñecemento profundo  do que somos os galegos. A quen non lle pasou algunha vez o que se conta na historia “Instrucións para pagar”? Quen non se identifica coa imaxe que de nós damos ás veces en “Instrucións para parecer galego”?
Pero todo libro está cheo tamén de crítica e non só humor.   Non falta tampouco un ácido sentido crítico e autocrítico como no conto “O peso da tradición” .

Das catro partes que ten o libro a parte “Libro de contos” non  é a que máis me gustou, ainda que o conto “Problema de xadrez” pareceume moi interesante porque defende a astucia como algo necesario na vida.

Esta obra de Núñez Singala ten unha enchenta de retranca e iso sempre é un bo motivo para ler.  Retranca e intelixencia van sempre da man. Por iso me gustou tanto,  porque libros coma este fan aos lectores seres activos, críticos e diso nunca andamos sobrados.
 

04/06/16

Abelcebú

Comentario de Noelia Blanco Pájaro


Abelcebú
Carlos Negro
Positivas



Abelcebú, de Carlos Negro era un libro un tanto descoñecido para min, xa que ninguén me falara del. E por sorte chegou ás miñas mans.
Esperábame un libro cunha trama ou con poesía, como todos os libros que lin ata o de agora. Pero a miña sorpresa ó abrir o libro foi moita. É un libro moi orixinal, xa que está composto por palabras do dicionario e por unha definición que o autor lle aporta, dende unha visión crítica e dende logo, moi humorística. Imaxínome que a intención do autor cando o estaba a escribir era sacarlle un sorriso ó lector, e comigo conseguiuno. Carlos expresa o que para el significa cada palabra dunha maneira moi vulgar e que chama verdadeiramente a atención.
A maioría das persoas temos na mente a idea de que un libro e un autor son cousas moi serias. E a idea de que para que un libro sexa coñecido debe ter unha linguaxe culta e repito, moi seria. Pois este libro demóstranos todo o contrario, por exemplo as seguintes definicións “Eu: Embigo do universo” “Hipoteca: Matrimonio indisoluble dunha parella cun banco” ou “Pasmón: Adolescente amamantado pola teta audivisual”.
Con todo isto, o libro de Carlos Negro faise moi doado de ler, e engancha moito, xa que as definicións que estás a ler gústanche e queres ver se consegue seguir sorprendéndote a medida que vas pasando páxinas.
Dende logo que vos invito a lelo, ídesvos pegar unhas boas risas.

03/06/16

O retrato de Dorian Gray

 Comentario de Raquel García


O retrato de Dorian Gray
Oscar Wilde
Urco



Para min 'O retrato de Dorian Gray' foi como para o propio protagonista da obra,Dorian,o seu retrato,unha obra macabra,chea de tetricismo pero demasiado irresistible para seguir explorándoa.
Ao principio parecíame que podía ser un libro que trataría sobre a vida dun personaxe,como tantos outros libros que hai.Pero non,este libro ten algo especial,outro xeito de ver a viza quizais.Neste libro principalmente a través de personaxes como Lord Henry 'Oscar Wilde' mostra a súa forma diferente de ver a vida e mostra tamén a relatividade das cousas.
Este libro gustoume bastante porque como dixen antes,é diferente.Gúñustoume ver o avance de Dorian Gray,como pouco a pouco se vai influenciando do seu arredor e deixa de ser el mesmo,ata un punto no que a súa vida é un pesadelo xa que anteriormente levado polo egoismo comete os maiores erros.
Este libro,tamén teño que dicilo,deume un pouco de arrepío.Pareceme un pouco macabro a forma de ver a vida que ten lord Henry e que posteriormente lle transmite a Dorian.Para eles todo é relativo,teñen unha maneira moi distinta de ver a morte,como alguén pode chegar a comparar a morte coa arte?
O que máis me gustou foi o final,sorprendeume para ben xa que esperaba un final distinto,pero polo menos todo volve ao seu curso.
Recomendaríao xa que creo que o autor reflexa neste libro un pouco da súa forma diferente da visión do mundo.

02/06/16

O heroe


Comentario de María Rodríguez


O heroe        
 
Manuel Rivas
 
 
 
 
“O heroe” é a primeira  obra teatral de Manuel Rivas. É unha obra que nos conta a historia dun ex-boxeador e ex-lexionario cuxo nome é Arturo Piñeiro, alias Caronte, dunha guerra descoñecida, chamada Sidi Ifni. O protagonista regresa a España coa intención de que o alaben polo que fixo, pero atópase cunha poboación que ignora esta guerra. Desenvólvese nunha época entre o franquismo e o mundo actual.
A obra reflexa de que xeito tiñan que tratar os difíciles tempos nos que vivían: a ditadura. Fainos pensar nos duros momentos que había, os secretos, como había que pasar desapercibidos …
A maior parte dos sucesos desenvólvense no bar de Caronte e da súa muller, Lucía,  chamado La Boîte de Pandora. Neste bar ofrécense dous tipos de servizos: por un lado, os combates de boxeo e loita libre que se abren e pechan cos fados que representa Lucía; e por outro,  o propio servizo de  bar onde se levan a cabo diferentes e importantes conversas.  Neste local, Caronte, coñece a Lanzarote, un loitador clandestino e vendedor de máquinas de escribir.
Hai un gran número de personaxes e algúns deles  teñen alcumes. Caronte é o personaxe que máis me gustou, xa que é unha persoa moi leal e que pase o que pase nunha traizoaría aos seus amigos, incluso ata cando o están torturando no cárcere. É moi intelixente, e aínda que ás veces non o demostre, sabe resolver el só os problemas que se lle poñan por diante. Nunca me deixou de atraer este personaxe, ademais ía sacrificarse para poder salvar a un pobo sometido. Sorprendeume a actitude que tiña Medias Vermellas, xa que ao comezo do libro parecía que estaba tola, pero en realidade ela só quería reflexar o frío pensamento da sociedade. Quero destacar a forza de vontade que ten Lucía ao final da obra ao facerse a forte e negar que está chorando (“Nunca ninguén terá que sacarme as bágoas a min”).
Chamoume a atención e resultoume difícil de seguir o xogo que fai Manuel Rivas co tempo: eses saltos que pasan duns anos a outros.
Este libro contén unha linguaxe complexa. Moitos momentos parecéronme tristes e fixéronme reflexionar sobre a tortura que existía naquel intre e a vida actual.  Gustaríame ver representada esta obra.
Recomendo este libro a todo aquel que queira introducirse no mundo dos valorosos heroes.


 

01/06/16

O achado do castro

Comentario de David González Sampayo


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Galaxia
  

Cando me dei conta de que tiñamos que ler un libro de teatro pensei que ía ser o mesmo de sempre pero resultou que non, este libro caracterízase pola ironía e o humor que esta presente durante toda a obra nel. A parte de introducir a ironía e o humor nesta obra o autor traslada a acción ao pasado, en concreto á Roma antiga.
En canto ao léxico, destacar que grazas a utilización dun léxico sinxelo e as veces coloquial resultoume moito máis fácil ler esta obra. Gustoume porque estiven case todo o tempo rindo coas accións que transcorrían nel, tanto as pelexas entre os dous protagonistas principais como coas discusións e o resto de accións que transcorrían neste.
Nesta libro cóntase como os dous personaxes principais planean como roubarlle a medalla ao emperador para despois estes poder aspirar a ser un dos dous o emperador do Imperio Romano.  Mentres estes executaban o plan para roubar a medalla, no bosque a filla do emperador e máis o seu mozo, cando estaban xuntos, foron vistos polos gardas do emperador. Estes colleron aos dous e leváronnos xunto o emperador para que el decidira que facer con eles e decidiu encerralos. Máis tarde a nai do rapaz, Arprexia, foille esixir ao emperador que soltara ao seu fillo e este namorouse dela e ela namorouse tamén del, e polo tanto consentiron o amor dos seus fillos. E decidíronse casar todos o mesmo día.
O final da historia sorprendeume moito, xa que non me esperaba que tras o emperador pillar aos dous protagonistas roubando, nunha zona do palacio, non lle dixera nada. Incluíndo así outro momento irónico e humorístico.
As descricións a verdade é que son bastantes detalladas, tanto a descrición dos ambientes como a dos personaxes, o que permite que a lectura desta obra de teatro sexa máis fácil.