O heroe
Manuel Rivas
“O heroe” é a
primeira obra teatral de Manuel Rivas. É
unha obra que nos conta a historia dun ex-boxeador e ex-lexionario cuxo nome é
Arturo Piñeiro, alias Caronte, dunha guerra descoñecida, chamada Sidi Ifni. O protagonista regresa a España coa
intención de que o alaben polo que fixo, pero atópase cunha poboación que
ignora esta guerra. Desenvólvese nunha época entre o franquismo e o mundo
actual.
A obra
reflexa de que xeito tiñan que tratar os difíciles tempos nos que vivían: a
ditadura. Fainos pensar nos duros momentos que había, os secretos, como había
que pasar desapercibidos …
A maior
parte dos sucesos desenvólvense no bar de Caronte e da súa muller, Lucía, chamado La Boîte de Pandora. Neste bar
ofrécense dous tipos de servizos: por un lado, os combates de boxeo e loita
libre que se abren e pechan cos fados que representa Lucía; e por outro, o propio servizo de bar onde se levan a cabo diferentes e
importantes conversas. Neste local,
Caronte, coñece a Lanzarote, un loitador clandestino e vendedor de máquinas de
escribir.
Hai un gran
número de personaxes e algúns deles teñen
alcumes. Caronte é o personaxe que máis me gustou, xa que é unha persoa moi
leal e que pase o que pase nunha traizoaría aos seus amigos, incluso ata cando
o están torturando no cárcere. É moi intelixente, e aínda que ás veces non o
demostre, sabe resolver el só os problemas que se lle poñan por diante. Nunca me deixou de atraer
este personaxe, ademais ía sacrificarse para poder salvar a un pobo sometido. Sorprendeume
a actitude que tiña Medias Vermellas, xa que ao comezo do libro parecía que
estaba tola, pero en realidade ela só quería reflexar o frío pensamento da
sociedade. Quero
destacar a forza de vontade que ten Lucía ao final da obra ao facerse a forte e
negar que está chorando (“Nunca ninguén terá que sacarme as bágoas a min”).
Chamoume a
atención e resultoume difícil de seguir o xogo que fai Manuel Rivas co tempo:
eses saltos que pasan duns anos a outros.
Este libro contén
unha linguaxe complexa. Moitos momentos parecéronme tristes e fixéronme
reflexionar sobre a tortura que existía naquel intre e a vida actual. Gustaríame ver representada esta obra.
Recomendo
este libro a todo aquel que queira introducirse no mundo dos valorosos heroes.
Sen comentarios
Publicar un comentario