Comentario de David González Sampayo
O achado do castro
Manuel Núñez Singala
O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Cando me dei
conta de que tiñamos que ler un libro de teatro pensei que ía ser o mesmo de
sempre pero resultou que non, este libro caracterízase pola ironía e o humor
que esta presente durante toda a obra nel. A parte de introducir a ironía e o
humor nesta obra o autor traslada a acción ao pasado, en concreto á Roma
antiga.
En canto ao
léxico, destacar que grazas a utilización dun léxico sinxelo e as veces
coloquial resultoume moito máis fácil ler esta obra. Gustoume porque estiven
case todo o tempo rindo coas accións que transcorrían nel, tanto as pelexas
entre os dous protagonistas principais como coas discusións e o resto de
accións que transcorrían neste.
Nesta libro
cóntase como os dous personaxes principais planean como roubarlle a medalla ao
emperador para despois estes poder aspirar a ser un dos dous o emperador do
Imperio Romano. Mentres estes executaban
o plan para roubar a medalla, no bosque a filla do emperador e máis o seu mozo,
cando estaban xuntos, foron vistos polos gardas do emperador. Estes colleron
aos dous e leváronnos xunto o emperador para que el decidira que facer con eles
e decidiu encerralos. Máis tarde a nai do rapaz, Arprexia, foille esixir ao
emperador que soltara ao seu fillo e este namorouse dela e ela namorouse tamén
del, e polo tanto consentiron o amor dos seus fillos. E decidíronse casar todos
o mesmo día.
O final da
historia sorprendeume moito, xa que non me esperaba que tras o emperador pillar
aos dous protagonistas roubando, nunha zona do palacio, non lle dixera nada. Incluíndo
así outro momento irónico e humorístico.
As
descricións a verdade é que son bastantes detalladas, tanto a descrición dos
ambientes como a dos personaxes, o que permite que a lectura desta obra de
teatro sexa máis fácil.
Sen comentarios
Publicar un comentario