ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/03/15

O principiño


Comentario de Miguel Oro Vence


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
 

Este é un conto filosófico, que baixo a aparencia dun conto infantil, trata de temas como a vida e o amor, a norte, a amizade, as actitudes e preocupacións da vida.
O autor revela a súa opinión sobre o home e a sabedoría, como a esquecen cando medran.
Cónstanos pois a historia dun aviador, que durante un vo ten un avaría, para arranxalo párase no deserto do Sahara.
Apareceran diferentes personaxes: un rei; que cree controlar as estrelas; un vaidoso que pensa que todo o mundo o admira; un bebedor que bebe para esquecerse de que avergoña de beber; o home de negocios que pensa que as estrelas son súas; o faroleiro que para o principiño é o único que non é un personaxe ridículo; o xeógrafo que pasa todo o tempo debuxando mapa, este recoméndalle visitar a terra, alí atopa a un raposo que lle suplica que a súa rosa é a única especial porque é a que el ama.

O principiño


Comentario de Tania Areán


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
 


É un libro un tanto peculiar xa que o principiño atópase con moita xente e en distintos lugares, cousa que se reflexa na vida debido a que  percorremos diferentes camiños que nos levan ata un lugar descoñecido, con xente descoñecida.
Cada unha das persoas que O Principiño atopa reflexa diferentes cousas, o rei, o vaidoso, a serpe etc...
Este libro parece moi fácil e para nenos pequenos a simple vista, pero léndoo ben e analizando algunhas cousas chegas á conclusión de certas cousas de adultos.
En verdade, este libro xa o lin dúas ou tres veces e cada vez que o lía gustábame máis.

03/03/15

O inferno de Marta

Comentario de Tania Areán


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 


A min o libro de "O Inferno de Marta" gustoume no sentido de que fala sobre un tema  que ocorre habitualmente por desgraza, que é a violencia de xénero, este libro trata de abrirnos os ollos a algunhas mulleres xa que Marta non se deu de conta de como era Héctor en realidade e sufriu moitas cousas, tamén hai que darse de conta das accións e actos dalgunhas persoas e reaccionas ante eles. 
Este libro é un claro exemplo do que pasa na actualidade e recomendaríallo a moita xente que o lese para que vexa a través dun libro coma este o que ocorre.

02/03/15

O principiño


Comentario de Anxo Gil


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
 
 
O Principiño é un libro que me gustou moito, aínda que é un deses libros nos que vas entendendo cousas segundo a idade, e nun futuro non entenderei cousas que agora caen de caixón, coma a amizade entre o aviador e o Principiño, ou a rosa do planeta do que viña o Principiño. A pesar de ser un libro curto, merece a pena lelo, e hai moitas persoas que xa coñecen a historia do rapaz que apareceu no deserto pedindo un debuxo dunha ovella.

01/03/15

Tres pasos polo misterio

Comentario de Vanesa Lalín


Tres pasos polo misterio
Agustín Fernández Paz
Xerais


Non tiña nin idea que o título do libro " Tres pasos polo misterio" fose como un resumo, en tres palabras, de si mesmo. Xa que neste trata de tres historias moi misteriosas, onde en todas elas hai moita intriga e terror para min.
Pasan sucesos que eu considero que son inexplicables, pero que sempre nos queda, ou polo menos a min, esa dúbida, se son fantásticos ou poden ser reais, xa que as veces son cousas moi descoñecidas nas que eu, polo menos, non me quero parar a pensar, pero si que me queda ese espazo baleiro no que podo pensar moitas cousas.
Penso  que  isto é debido a que este libro transcorre en Galicia, a cal é unha terra "máxica", que ás veces nas súas historias e lendas está cargada de moito misterio, no que resulta dificil diferenciar se é real ou non.
Pero o que si é que todos temos curiosidade ante os temas dos que fala o libro, que por un lado non queremos que sexan verdade e por outro si.
Asì, cando empezaba unha historia non daba parado de ler porque tiña curiosidade de saber como remataba.
Como conclusión, este libro fíxome pensar en que nunca debemos esquecer o noso pasado, xa que as cousas pasan por algo, non sei xusto o que, pero que ás veces é algo moi especial.