Non tiña nin idea que o título do libro " Tres pasos polo
misterio" fose como un resumo, en tres palabras, de si mesmo. Xa que neste
trata de tres historias moi misteriosas, onde en todas elas hai moita intriga e
terror para min.
Pasan sucesos que eu considero que son inexplicables, pero que sempre nos
queda, ou polo menos a min, esa dúbida, se son fantásticos ou poden ser reais,
xa que as veces son cousas moi descoñecidas nas que eu, polo menos, non me quero
parar a pensar, pero si que me queda ese espazo baleiro no que podo pensar
moitas cousas.
Penso que isto é debido a que este libro transcorre en Galicia, a
cal é unha terra "máxica", que ás veces nas súas historias e lendas
está cargada de moito misterio, no que resulta dificil diferenciar se é real ou
non.
Pero o que si é que todos temos curiosidade ante os temas dos que fala o
libro, que por un lado non queremos que sexan verdade e por outro si.
Asì, cando empezaba unha historia non daba parado de ler porque tiña
curiosidade de saber como remataba.
Como conclusión, este libro fíxome pensar en que
nunca debemos esquecer o noso pasado, xa que as cousas pasan por algo, non sei
xusto o que, pero que ás veces é algo moi especial.
Sen comentarios
Publicar un comentario