O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
Este libro cóntanos a historia dunha adolescente que se namora de quen
non debe. Comparte piso coas dúas mozas que a súa vez son amigas de Braulio que
lle presentou ao Héctor que é un maltratador; Marta namora de Braulio e faille
vivir un inferno.
A novela gustoume porque analiza as diferentes
actitudes dun maltratador. A personalidade psicolóxica do protagonista que se
completa co “A mascara do autor” un texto ao que se analiza aqueles
comportamentos que hai que ter en conta para non caer no maltrato físico e
psicolóxico.
É dicir a novela conta algo co que
desgraciadamente abre o telexornal moitos días: a violencia de xénero.
Pero a novela non é so iso senón tamén temas
como a amizade, a confianza nos pais, as relacións e sobre todo como saír dese
mundo de violencia e como intuílo nunha amiga, nunha irmá ou en calquera
familiar.
Sen comentarios
Publicar un comentario