É un libro un tanto peculiar xa que o
principiño atópase con moita xente e en distintos lugares, cousa que se reflexa
na vida debido a que percorremos diferentes camiños que nos levan ata un
lugar descoñecido, con xente descoñecida.
Cada unha das persoas que O
Principiño atopa reflexa diferentes cousas, o rei, o vaidoso, a serpe etc...
Este libro parece moi fácil e
para nenos pequenos a simple vista, pero léndoo ben e analizando algunhas
cousas chegas á conclusión de certas cousas de adultos.
En verdade, este libro xa o lin
dúas ou tres veces e cada vez que o lía gustábame máis.
1 comentario:
Este é un dos libros que máis me gustaron desde que era pequeno xa que ten un contido moi surrealista e ensínanos os cambios que pode haber duns lugares a outros no planeta, este libro foime moi fácil de ler xa que ao recordalo de pequeno, pois o libro leuse rápido e sen complicacións.
Publicar un comentario