Carlos Negro non para de
sorprenderme, primeiro fíxoo co libro Makinaria
e agora quedei abraiado con Penúltimas
tendencias. Carlos Negro non se anda con rodeos no libro, narra ao pé da
letra como é a sociedade de hoxe en día. Unha sociedade na que as mulleres están
infravaloradas xa que mediante a televisión, os carteis publicitarios e moitas
máis cousas están sacándolles valor .
No libro unha adolescente non
fai caso aos prexuízos, ela non se ten que maquillar para sentirse máis muller,
ela o que quere é ser unha muller libre. Carlos Negro intentou cambiar o punto
de vista de moitos lectores, intentou abrirlle os ollos a miles e miles de
persoas, abrirlle os ollos para que se dean cuenta que viven nunha sociedade
chea de prexuízos e chea de veleno cara ás mulleres.
Na miña opinión, gustaríame
que máis escritores escribiran libros do estilo que o fixo Carlos Negro, que
entre un gran número de escritores escribiran libros así para ver se así, se
cada un aportando o seu gran de area, deramos cambiado esta sociedade, para
conseguir unha sociedade máis igualitaria na que tod@s teñamos os mesmos
dereitos.
Recoméndovos ler este libro se queredes abrir os ollos.
Sen comentarios
Publicar un comentario