Comentario de Roberto Agra Buján
A neve interminable
Agustín Fernández Paz
Xerais
Había tempo que non lía un libro de Agustín Fernández Paz, obviando iso
si, o que tiven que ler na primeira avaliación por mor dun traballo.
Pero volvendo ao tema, este libro encantoume, non só por ese estilo
que tiña Agustín de englobar nunha gran historia historias máis
pequenas pero que enganchaban de igual modo. A novela xira en torno a
un grupo de guionistas que viaxan a unha casa de turismo rural illada
en Fonsagrada para conseguir inspirarse; logo de levar un tempo alí,
a neve empeza a caer sen pausa, os guionistas seguen co seu labor e
cada un escribe un relato, ditos relatos chegarán a nós e poderemos
ver como cada guionista busca o terror á súa maneira.
Todos
os relatos son pequenas xoias que amenizan unha, xa de por si,
interesante historia. Todos os relatos tratan diversos argumentos
típicos do xénero que ten por premisa causar medo, dende un
monstro do que case non se dan detalles, ata unhas nenas que se
converten en pantasmas, pasando por unha vinganza dende o máis alá
e os xa clásicos vampiros. Aínda que é unha decisión complicada,
se tivese que dicir o relato que máis me gustou, escollería
"Herdanza de sangue", un máis que estremecedor relato
sobre os vampiros.
A
historia principal na que se basea o libro bebe de directamente da
reunión que varios nobres e escritores mantiveron no 1816, entre
eles están a escritora de Frankestein, Mary Shelley, o instaurador
na literatura europea da figura do vampiro, John Polidori, e o
creador do poema postapocalíptico Darkness, o nobre inglés Lord
Byron.
"A
neve interminable" é un relato que xoga coas apariencias e
tenta sorprender en cada capítulo, cousa que consigue sen dúbida,
que se centra na historia principal. Este é,
na miña humilde opinión, un dos mellores libros de Agustín
Fernández Paz.
Sen comentarios
Publicar un comentario