Nubes de evolución é unha novela de tipo social e en certa parte tamén de
amor.
Este libro cóntanos tres historias:
a dunha nai solteira que traballa de limpadora na estación de autobuses,
a dun rapaz que lamenta a ruptura coa súa moza e a separación dos seus pais, e
a dun vello profesor que ten que agardar todos os días polo seu autobús. As
tres acábanse convertendo nunha, grazas ao frío da estación.
Este libro gustoume moito, porque as tres historias fixeron que reflexionara;
a cantidade de nais novas que teñen que traballar todo o día para manter os seus
fillos porque están soas; ou rapaces que sofren os divorcios dos seus pais.
Aínda que é o típico final feliz gustoume como tres persoas que se vían case
todos os días se coñeceran por unha simple sensación, o frío, acabasen tan
unidos. Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a frase “ ¿ Cando
desaparecerán todas as nubes? “
Recomendo lelo, xa que me gustou moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario