Comentario de Alba Roqueiro Galego
Amor é unha palabra coma outra calquera
Francisco Castro
Galaxia
O libro ¨ Amor é unha palabra coma outra calquera ¨ é unha novela na
que se fala acerca do amor que se nos vende xa dende pequenos, todos
os convencionalismos e a falta de ensino do control das nosas
emocións; do que sentimos, do irracional e o sentido común.
Carla, que é a protagonista, é unha muller máis que foi
educada co típico amor romántico e pintado de rosa de conto de
princesa que non existe, é todo unha ficción que dende pequenos se lle
intenta inculcar aos nenos e nenas. Durante o transcurso da novela vai mudando
a súa forma de ser, dándose conta que é unha persoa moi fermosa e que o
amor só hai que sentilo e deixar un pouco a un lado todos os
covencionalismos, porque aínda que non o creamos racional e sentido
común son dúas palabras que en canto ó significado nada teñen que ver.
A educación que recibiu nunca lle permitiu actuar como unha adulta
libre na sua relación con Xabier, ela sempre remexendo entre revistas parvas para saber como facer para que o seu home a quixese de novo. Iso simplemente é imposible porque o amor hai que sentilo e para iso é
necesaria unha base de confianza e respecto, cousa que na parella non
existía e levounos a rematar quince anos de matrimonio e de engano
para Carla.
Como consecuencia, Carla aprendeu a ser ela por si mesma. A vida,
aínda que nesta historia a morte, ensina tamén que podemos ser felices
con calquera persoa mentres non saibamos quen é realmente tal e como
lle pasou a Carla con César, o amigo que coñeceu grazas á morte da sía
asistenta que tamén garda algún que outro segredo.
Para min este libro significou unha gran aprendizaxe acerca do que é
realmente o amor e o que máis me gustou foi o final. Foi realmente
inesperado e sorprendente aínda que ao principio se me fixo
algo pesado, ademais este libro non conta coas raias de inicio e fin
de diálogo dun personaxe e nalgunhas partes da historia era difícil
seguir a o narrado. Aínda así gustaríame que moita xente o lese polo contido xa que é realmente interesante e faite
reflexionar.
Sen comentarios
Publicar un comentario