Made in Galiza
Séchu Sende
Séchu Sende
Made in
Galiza escrito por Séchu Sende, vai narrando mediante breves relatos os
problemas que hai hoxe en día coa lingua galega. Séchu Sende narra con moita retranca, lémbrome dun capítulo chamado “Madrith” que conta como sería o caso ao revés, se en España o castelán fose
substituído por outra lingua e quedase mal visto a partir de agora en diante
falar o castelán, el cóntao con retranca pero, en pleno século XXI, é o que
está pasando en Galiza, pasa que o galego está mal visto, que es máis “guai”
se falas castelán, que o galego é para a xente de aldea, que segundo os prexuízos
do castelán somos paletos, non sabemos cultura e que somos brutos como
arados.
Con este comentario que estou facendo non quero dicir que os falantes en
castelán corten pola raíz co castelán, quero dicir, que usen a cabeciña un
pouco e que pensen que se seguimos así a lingua galega vai desaparecer. Desaparecerá unha lingua que foi falada polos nosos avós e avoas,
bisavós e bisavoas, que foi falada polos nosos devanceiros. Eu fíxome nas
escolas e institutos que estudo, que a maioría dos mestres e mestras falan
castelán, como queren saír desta crise do galego, se desde pequenos nos
imparten unha educación en castelán?
Gustoume moito o libro a pesar de que me doia escoitar as
verdades que di, verdades que se seguen así van cumprirse e que finalmente
farán desaparecer o galego.
Sen comentarios
Publicar un comentario