O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
Marta é unha
rapaza normal, que estuda unha carreira normal e que ten unha vida normal. Pero
o que sucede é que namora do rapaz equivocado e remata sendo unha rapaza
maltratada que loita por salvar a súa vida. Cando ela coñeceu a Héctor o que
menos esperaba era que estaba poñendo un pé no inferno e que, a partir dise
momento, lle ía ser tan difícil escapar coma seguir meténdose nel.
Un psicópata
que sabe disimulalo ben, unha amizade a proba de bombas e unha rapaza normal
como podes ser ti. Iso é o que che fai non ser capaz de deixar de ler este
libro. Canto máis simpatizas con Marta e ca súa situación, máis te engaiola a
historia.
Un thriller
en toda regra que ademais de estar ben escrito, trata temas un tanto
peliagudos. Unha relación na que os malos tratos pouco tardan en aparecer, na
que hai violencia, na que os cambios de personalidade son pan de cada día; unha
relación que che fai perder tanto amizades coma relacións familiares, que non
che deixa liberdade e na que, dende logo, se dá un grave caso de violencia de
xénero.
Se ademais
de ser unha novela que fai reflexionar sobre as relación nas que se dá
violencia de xénero, che trae un texto de autoaxuda para saber identificar os
comportamentos de risco que todos deberiamos ter en conta para evitar caer
nalgún tipo de maltrato físico ou psicolóxico...Mellor que mellor ou?
Sen comentarios
Publicar un comentario