Comentario de David Taboada
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
O libro está ambientado na Guerra Civil Española nun lugar de Ourense, Abades. O antagonista desta novela é Manuel
tamén chamado “o Garabís”, un falanxista que ten un rancor profundo cara a
Gregorio porque está casado con Sara, da que Manuel estaba namorado e tamén
porque Gregorio era comunista. Manuel e os falanxistas queren matar a Gregorio
pero sempre Sara lles di que está de viaxe. Para logralo deciden secuestrar a
Sara e esperar a que el veña rescatala.
Este libro
gustoume moito xa que a pesar de ser triste e cruel a min persoalmente gústanme este tipo de novelas que están
ambientadas en guerras e hai unha trama tan emocionante e entretida. Gustáronme
moito os personaxes do libro porque por exemplo no grupo dos falanxistas
Manuel, Xan, Luís e Leonardo, cada un ten un comportamento diferente cando
están nunha situación complicada.
O que non me
gustou foi a estrutura do libro porque comezou dicindo o final e foino
esclarecendo durante o libro. Foi coma un “spoiler” do libro dentro do libro. A
min gústame ir mantendo a tensión ata o final para saber o que pasa.
Agosto do 36
recoméndollo a todos os lectores galegos e non galegos xa que neste libro está
moi ben ambientado a Guerra Civil en Galicia.
Sen comentarios
Publicar un comentario