O libro sobre o que vou falar
titúlase: Ollos de auga, este título
fai referencia aos ollos azuis e transparentes, do asasinado Lois Reigosa; o
autor deste libro e Domingo Villar. Esta é unha novela negra e policíaca .
Neste libro podemos ver reflectido a
cantidade de accións, momentos e pescudas que fan que todo apunte a un claro e
único asasino, pero en cambio que a mínima
pista faga cambiar todo radicalmente.
Esta novela comeza co asasinato de
Lois Reigosa un saxofonista e que tal e como o
describían os seus amigos, moi cercano e tenreiro capaz de capturar a calquera
con eses ollos color auga, os mesmos que reflectían o sufrimento e a dor que
tivo que pasar tras o seu asasinato pois, para min, foi unha das mortes mais
dolorosas ( xa que tivo lugar nunha zona delicada), este asasinato deu lugar a
moitas preguntas e pouca información que grazas a intuición e a agudeza do
inspector Caldas, se foi resolvendo pouco a pouco, aquí entran en xogo outros
novos asasinatos que xorden a partir do asasinato de Lois, xa que había moita xente de por medio; no desenvolvemento da novela o inspector
Caldas deixouse levar pola intuición e comezou a xuntar pezas e accións, como
todo encaixaba o asasino era claro; cando Caldas se deu conta de que non podía
ser todo tan fácil, pois o asasinato non estaba resolto.
A reflexión que me dá este libro e coa
que me quedo é: Non todas as persoas son o que aparentan.
Sen comentarios
Publicar un comentario