Como vin que
moitos dos meus compañeiros lían este libro e quedaban abraiados, eu decidín
lelo tamén. Todo OK é unha novela negra que trata o tema do narcotráfico ao que
está sometido a nosa protagonista, Inés Landeira, e que por culpa diso está condenada
a entrada no cárcere. Para evitar o cárcere intenta refacer a súa vida.
Este libro
gustoume porque ten as cousas que eu necesitaba: moita acción, un tema que
atrae a xente, humor que nunca está de máis nunha novela...
Inés
Landeira é a protagonista desta novela, e arredor dela xiran todos os
personaxes, as accións e como non todo o libro. A medida que vas lendo o libro dáste
conta que os personaxes teñen unhas relacións entre si e que van formando como
se fora unha especie de cadea, cada pouco o autor vai engadindo outro personaxe
o que fai que o lector reflexione e exercite a súa imaxinación para pensar
sobre a relación que pode ter o novo personaxes cos anteriores.
Este libro
destaca polo seu expresivo detallismo tanto dos personaxes como dos lugares que
describe, e con este detallismo o autor consegue que o lector se vexa el mesmo
no lugar no que transcorre a acción e ao mesmo tempo consegue que este se
enganche a novela e que a queira seguir lendo. Este expresivo detallismo non é
a primeira vez que o vexo nun libro deste autor, senón que xa o vira noutros
libros que lera del, e non me parece nada fácil describir os lugares e os
personaxes dunha maneira tan detallada.
O que si que
me resultou un pouco aburrido deste libro foi o continuo dialogo que permanece
nesta novela e que é a única escusa de que este libro non sexa perfecto. Polo
resto foi un libro que me encantou e que llo recomendaría a todas as persoas as
que lle guste a novela negra, porque sei que lles vai encantar.
Sen comentarios
Publicar un comentario