ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/06/16

O club da calceta

Comentario de Vanesa Lalín
 

O club da calceta
María Reimóndez
Xerais
 
 
 
Non sei moi ben que empezar dicindo deste libro , xa que nalgún momento , chegou a enfadarme debido as historias que nel se contaban xa que eran cousas tan cercanas a calquera de nos , que eu no fondo quería que non fosen certas , pero na realidade por máis voltas que lle dea é así .
Nel cóntasenos a historia de seis mulleres que foron “machacadas” , polo mundo , máis concretamente polos homes cos que lles tocou vivir o seu redor . Cada unha de unha maneira diferente pasou os seus traballos e foi buscando a maneira de sobrevivir , ata un día que grazas a súa unión cambiou todo para elas , esa unión que lles deu unha forza, que as veces parece que non se sabe donde sae , pero que ante certa situacións como poden ser neste caso o maltrato , a prostitución , o menosprecio , as burlas ……. chega un momento en que esa forza interior, que eu penso ,que todas as mulleres levamos dentro , xurdira , e así as súas vidas puidesen empezar a cambiar e ser moito mellores , atopando no presente eso que no pasado nunca se conseguiu.
Así como o título do libro nos di “O club da calceta” , grazas a el estas seis vidas , que non tiñan nada que ver , pero no fondo eran iguais , cada unha cos seus problemas , uníronse e axudadas unhas por outras conseguiron saír da situación na que estaban sumidas , xa que para min en moitas ocasións a unión fai a forza, esa forza que todos precisamos para tirar adiante e que conseguimos cando nos sentimos apoiadas e queridas , e eso foi o que pasou neste club onde todas conseguiron entenderse e axudarse para tirar para diante .
A historia que máis me estremeceu foi concretamente a de Luz , xa que ela sendo unha nena tivo que chegar a onde chegou , o mundo da prostitución , para poder sobrevivir , pero que non so isto , o que máis me fixo enfadar era que a súa propia nai a levase a ese mundo e dicir aprendeu a vivir a vida , para min , da peor maneira que o mundo lle podería ensinar .
Por outro lado algo que me gustou moito do libro foi a forma de ir fiando a historia , xa que era como ir calcetando partes concretamente dun xersei , que cando se unían todas formaban o libro enteiro , non sei esto resultoume moi orixinal .
Algo que me chamou a antención foi que cada historia fose comenzando cun suceso malo, unha nota necrolóxica, un accidente……, que para min foi coma unha especie de vinganza que en contra desas persoas que nalgún momento feriran as nosas protagonistas.
Como resumen podo dicir que o libro me ensinou a ler e a pensar a vida mellor , onde aprendín que nunca nos debemos rendir , que as veces e mellor sobrevivir , pero con axuda e as nosas forzas , sempre conseguiremos saír a diante , se nolo propoñemos , aínda que realmente non sexa fácil, pero que nos como MULLERES nunca debemos deixar de LOITAR, polos nosos dereitos , facéndonos respetar como persoas que somos , pero sen usar a violencia , para que así “MOITOS” se dean conta de que as cousas teñen outras maneiras de arranxarse.
 

Sen comentarios