Comentario de Telmo García Castro
Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Xerais
Esta novela de Diego Ameixeiras gustoume máis
que a outra que lin deste mesmo autor: Historias
de Oregón. A anterior obra resultoume un pouco difícil porque era a
primeira vez que lía unha narración-puzzle tan complexa e custábame seguir esta
técnica narrativa. Pero con esta novela non tiven xa eses inconvenintes e podo
dicir que gustoume lela. Resultoume moi entretida e enlazar as diferentes pezas
da historia, encantoume. Será porque este estilo tan peculiar de Ameixeiras
vaite enganchando e ademais a experiencia na lectura sempre é un grao.
O título da obra está sacado dunhas palabras
que di a personaxe de Nuria no capítulo
corenta e un, tras saber que a súa parella, Marcos, violara facía 5 anos a unha camareira chamada
Pilar. Con elas supoño que o autor quería referirse ao odio e a vinganza como
sentimentos humanos.
Precisamente a violencia é unha silandeira
presenza nesta obra.
Impactoume moito a historia de Daniela, esa
pobre rapaza que intenta saldar as débedas do seu irmán, facendo de bolera para
os narcos e que acaba morrendo por unha sobredose ao rompérselle unha das
cincuenta pebidas de cocaína que levaba no estómago.
A súa historia paréceme terrible. A súa
violación cando xa é un cadáver por Óscar, o “doce” narco que quere
incriblemente adoptar un neno coa súa muller Ana, púxome os pelos de punta. Foi
un momento da novela anoxante, pero que non che é indiferente ¡¡¡
Tamén é moi abraiante a historia de Ramón, un
pai disposto a todo pola saúde do seu fillo. Este bo home convértese nun violento asasino dun ruín
e desprezábel banqueiro. O amor profundo lévao a ser unha persoa violenta, pero penso que o fin non xustifica os medios. Esta personaxe
está moi ben descrita e gustoume e vai na liña violenta da que estou a falar.
Son moitas as historias que se encerellan nesta
novela e toda esta tea de narracións creo que é unha característica moi propia
da novela negra que estudamos nesta avaliación.
Eu ,sen dúbida, quédome encantado con Matarte lentamente, unha novela moi negra, ben escrita e pensada
, e moi ben estruturada.
Sen comentarios
Publicar un comentario