Comentario de Laura García Moldes
Goražde, zona segura
Joe Sacco
Rinoceronte
Goražde, zona segura é un relato ambientado na Guerra de Bosnia nos anos 1992-1995.
O
noso protagonista é un xornalista estadounidense que viaxa a Goražde para
investigar e informarse sobre o que están a vivir os seus habitantes, ou o que
viviron. Para isto, verase acompañado principalmente de Edin, un habitante de Goražde
que viviu a guerra dende o comezo.
Ao
longo do libro, vainos contando o que está a vivir o xornalista, pero tamén se
introducen partes do que recorda a xente da guerra, do que viviu. Como o que
tivo que pasar unha muller embarazada, do que viviu Edin, ou seu pai, etc.
Este
relato amosa o sufrimento dos afectados por esta guerra, o feito de ter que ver
morrer aos teus familiares e veciños, ou a escaseza de servizos que fai que os
habitantes se vexan desesperados para conseguir uns simples pantalóns, cremas,
anestesias, etc.
Non
é complicado de ler, pero a súa historia é moi tráxica e seria que o fai un
pouco pesado ás veces.
Sen comentarios
Publicar un comentario