Comentario de Cristina Costela
Un cesto de mazás
Montse Fajardo
Un cesto de mazás
Montse Fajardo
“Un cesto de
mazás” de Montse Fajardo é un libro no que se reconstrúen dezaseis biografías,
ofrecendo testemuños, algúns xa coñecidos, outros ignorados ata o de agora,
onde non é difícil que a emoción asolague a lectura. Grazas a esta escritora
recupéranse episodios de violencia, de
sufrimento, de agochos, de represión e
medo, entre outros.
Houbo historias
que me conmoveron moito, e que me transmitiron unha gran tristeza. Como por
exemplo a de Levaron o fiscornio, unha historia na que se conta que
Manolo estivo agochado durante tres anos, algo que sorprende é que ten que ser
moi duro. Aínda así el demostra unha gran valentía ao facelo e finalmente ao
entregarse. O que máis me conmoveu e o que máis me sorprendeu é que Susa non deixase
saír ao seu fillo da casa, nin a xogar cos amigos, nin a ir á escola, por medo
a que dixese que vira un home na corte.
Todas as historias do libro son deste tipo, é dicir, de xente humilde que
saen do anonimato ao que os condenou o esquecemento que impuxo o fascismo. Pero
no libro, non só aparecen reflexadas estes anónimos, senón tamén as súas
familias, as persoas que quedaron e que seguen tendo gravado o terror coma unha
tatuaxe sen tinta.
Un cesto de mazas é un libro fácil de ler, pero que che transmite moita
tristeza e sobre todo sufrimento, eu non me podo imaxinar como se chegaban a
facer tales cousas.
Esta novela recoméndolla a todo o mundo xa que coñeces moito sobre a Guerra
Civil e as atrocidades desta.
Sen comentarios
Publicar un comentario