Comentario de Adrián Mato
Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
O
libro é moi interesante e figuroume bastante realista, aínda que nalgunhas
partes algo confuso pola grande cantidade de personaxes e nun comezo a pouca
relación que existía entre eles. Pareceume impresionante a capacidade do autor
para xerar unha historia tan complexa como
é esta. A verdade é que semella una historia moi entretida.
A personaxe
que máis me gustou foi a de Ventura, dado que parecía telo todo controlado en
todo momento e gustoume como axuda de forma altruísta a Erika e a Samuel, os
dous personaxes para min principais desta historia xunto co xa nomeado Ventura. O personaxe de Samuel penso que é a do neno irresponsable que medrou demasiado
rápido, dadas as circunstancias familiares. Cre que o ten todo vixiado, mais
non é así e ó fin acábase metendo en leas. A personaxe de Erika é tal cal a dunha nai que quere ante
todo o ben de Samuel e estaría disposta a dalo todo por axudalo.
Sen comentarios
Publicar un comentario