Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Este libro fíxome
reflexionar sobre como actuaría eu se me ocorrese algo semellante ao que lle
aconteceu o protagonista, pero non só iso, senón, que me dei conta que moitas
veces estou a criticar as persoas que son acusadas de algo, sen saber se en realidade
o fixeron, só critico de oídas. A verdade, cheguei a pensar que Manuel era
culpable e que de verdade violara a María Teresa, aínda máis cando saíu a
sentencia que o acusaba, mais estaba equivocado, coma todos os
que o criticaron antes de tempo.
O que está claro é que lendo este libro metinme no papel de todos os personaxes e percateime de que eu caía en todos os prexuízos que o autor tenta denunciar no
libro. Tamén cabe resaltar a grande neglixencia, por parte do Xulgado e do
xuíz. Que pasaría se Manuel non se volvera atrás e se tirara polo
barranco, morrería sen culpa ningunha, mais por sorte non o fixo. Non só supuxo
unha malísima tempada para o colexio e para o matrimonio, senón que tamén para
o seus fillos, que tiveron que marchar á casa dos seus avós por temor de que
lles pasase algo, é penoso que uns cativos sen culpa se vexan involucrados nun
caso así. Así e todo o libro gustoume moito e oxalá poida atopar máis libros
similares a estes.
Sen comentarios
Publicar un comentario