ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/12/15

Como unha áncora

Comentario de Adrián Mato


Como unha áncora
Iria Collazo López
Galaxia





Este libro resultoume sinxelo de ler dado que dende un comezo me gustou e enganchou, o cal me fixo permanecer pegado a el ata rematalo. É impresionante a capacidade que ten a autora para mesturar o ficticio co real, ademais de como é capaz de elaborar toda a historia e facela mediante pequenos capítulos nos cales o narrador conta o que lle ocorreu ou o que lle ocorre, a  canda unha das personaxes principais (María, Manuel e siña Amalia). O amor de María e Manuel pasa por diversas fases, nun comezo, ambos os dous estaban namorados mais ningún era quen de dicirlle o que sentía polo outro, e é entón onde penso que influíu o factor distancia, o cal condicionou a daren o paso e ir vivir xuntos, para despois María perder o seu home no mar. Como consecuencia disto, prodúcese a morte do fillo que estaba a medrar nos seus adentros. Entón é cando entra outra, que para min é unha personaxe principal na historia, á que anteriormente se fixera referencia pero moi de vagar, a siña Amalia, non sei como expresar o que sentín o ler  porque era cega e manca, e o que tivera que pasar pola defensa do seu marido e mais dos seus fillos. En verdade merecía estar na Cova da Lontra. A autora mediante os capítulos nos que Manuel era o protagonista, dábache esperanza de que este estivera vivo, como así era. Como María atopa a Manuel, foi algo que nunca imaxinaría. Para rematar quero dicir que me gustou especialmente que a autora fora directamente o gran, sen dar rodeos, dende o comezo da historia.

Sen comentarios