É un
libro con certo interese para a idade na que estou, na adolescencia. Xa lin
varios libros con esta mesma temática ou relacionada; abuso, case sempre dun
home cara unha muller. Espero seguir lendo libros así, porque me enganchan, e
doume posto na pel dos personaxes con facilidade, neste caso na de Sofía e
Lupe, que sofren agresión sexual. Son temas moi reais, como a min me gustan os
libros, e por desgraza, actuais, que vemos no noso día a día que estas cousas
suceden. Ensínanos a non nos confiar sempre, que non todos son tan bos como
pensamos, e que os adolescentes somos moi inocentes, e a base de golpes
temos que aprender e madurar. É un libro que, de verdade, recomendo ler.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario