Esta novela gustoume por varias razóns. A
primeira porque a ambientación da historia resultoume próxima. Era fácil
imaxinarse a manda de lobos e cazadores polos montes cando como no meu caso,
vives rodeado de natureza. A segunda razón pola que me gustou foi polo final.
Quedei moi abraiado cando descubrín que...
Quedei atrapado lendo os últimos capítulos
que devorei ata a última folla.
Finalmente, tamén me pareceu entretida esta novela. Hai medo, intriga,
hai amor, hai lendas populares, é una narración moi completa chea de acción e
aventuras.
Só me resultou algo difícil algún vocabulario. Hai palabras que parecen
antigas, coma de outra época ou polo menos
a min mo pareceron. Aprendín varias como canizo ou sequeiro. Eran palabras do
mundo agrario ou da caza e tiven que consultar varias no dicionario.
É unha historia de crenzas populares en torno a
ese animal magnífico que é o lobo, unha historia de aldea e de caza, da vida
doutros tempos na montaña de Lugo cando o lobo era pouco máis o menos que un
demo. A novela darache outra perspectiva deste animal.
Sen comentarios
Publicar un comentario