Makinaria de Carlos Negro foi un dos
mellores libros que lin, aínda que é de poesía.
No
libro eu sinalaría tres partes: unha introdución na que se presentan os
protagonistas; unha segunda que trata os temas principais do libro (a velocidade, os coches, a música, as drogas, o
sexo e o perigo) e por último a parte do desenlace onde destacan “061” e “Game
Over” que tratan o tema da morte.
Ao
longo do libro aparecen varias voces narrativas que dan a súa visión sobre o
que se está contando. Por unha banda, esta visión dos mozos que non son
conscientes do perigo que están vivindo, eles non pensan nas consecuencias
negativas dos seus actos e no sufrimento e dor que poden causar a outras
persoas (aos pais, amigos, familia, etc…). Por outra banda, está a visión dos
adultos que aparecen tamén como vítimas e que padecen as consecuencias do
comportamento irresponsable dos mozos.
Considero
un acerto do autor tratar estes temas con poemas. Xa que consegue conectar e
recomendar ser responsables para evitar consecuencias máis graves con
determinadas actitudes.
Sen comentarios
Publicar un comentario