Comentario de David González Sampayo
Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia
Esta é unha historia de Manuel Núñez Singala que me gustou moito, unha
novela para chuparse os dedos, dito metaforicamente. Un dos detalles que máis
me gustou da obra foi a forma en como o seu autor organiza e estrutura a obra
nas distintas seccións que posúe unha comida; e non o fai da típica forma de
separar a historia en capítulos. Cada parte da comida posúe varios historias
curtas, en xeral, bastante interesantes. Eu vou falar de catro obras da
historia, as dúas que máis me gustaron e as dúas que menos.
Unha das obras que máis me gustou foi "O enxeño" porque é unha
das obras máis interesantes da novela e tamén unha das máis divertidas. Outro
aspecto polo que me gustou este relato foi porque desta historia eu saco a
ensinanza de que por moi experimentado que sexas nunha faceta, sempre tes que
estra atento porque alguén sempre te pode querer enganar e se estas despistado
fai de ti un pandeiro, o que lle sucede á protagonista desta historia.
Outro dos contos que, para min, se leva a palma é "O tobo", xa
que a temática desta obra é a vida nun colexio na época fascista. Este foi un
dos aspectos polos que me gustou, xa que a min gustanme este tipo de relatos. O
título desta obra está en relación a un método de castigo que hay no centro do
protagonista, un lugar claustofóbico e onde non se pode respirar. Ao igual que
na obra anterior, desta tamén saco unha moralexa que a quen non coñeces, non
lle deixes nada, a pesar do que aparente, porque as apariencias engañan e iso
que llo digan ao protagonista da historia, que foi guiado polo amor e así
acabou.
Agora vou falar das historias que menos me gustaron. En primeiro lugar, vou
facer referencia a "O comezo das vacacións". Esta obra pareceume moi
aburrida e o argumento, unha tontería. Na miña opinión esta obra non merece
estar nun libro tan bo coma este. A única cousa ca que me rin con esta historia
foi o momento en que o protagonista berraba cos outros condutores, para que
saíran do medio e el puidese chegar a tempo ao aeroporto.
A última obra á que vou facer referencia vai ser a "Solidariedade
occidental". Esta foi a obra que menos me gustou porque non a entendín e,
falando claro, pareceume unha chorrada. Desta obra moito máis non podo dicir.
Solo entendín que unhos pais adoptan un fillo porque teñen un e queren ter dous
e a nai non pode quedar embarazada porque cando deu a luz do seu primeiro
fillo, extraéronlle a matriz, e entón deciden adoptar. Outra cousa que entendín
foi que o avogado que lles levou a cabo os trámites, era un corrupto, pero non
entendín nada máis.
Sen comentarios
Publicar un comentario