"O principiño" a obra escrita por Antoine
de Saint-Exupéry pareceume unha peza moi entretida ademáis de divertida e
fantástica.
Unha das cousas que máis me gustou deste libro é a forma coa que o autor
xoga co realismo e a imaxinación. Un dos exemplos que aparece ao principio da
obra é cando o aviador debuxaba unha boa que se acababa de comer un elefante
(idealismo) cando a xente realmente o que via era un simple sombreiro
(realismo) o cal sorprendeume moito, xa que tamén se ve o que influe a
mente dos nenos, xa que o principiño realmente si que via unha boa cun elefante
dentro dela. A parte disto, gustoume moito a sinxeleza do libro e tamén o seu
tema, que o principiño fora de planeta en planeta ollando como eran e os
habitantes que habían neles foi algo que me encantou , e incluso me sorprendeu
moito que a cada planeta se lle atribuíra unha personaxe que tiña unha
peculiaridade, un exemplo o rei que vivía so nun planeta e decía ser o rei de
todo ou o xeógrafo que só aprendía dos exploradores que chegaban ao seu planeta
pero el nunca saía a explorar, entre outras personaxes.
Pero tamén hai cousas que non me gustaron, a principal foi o final que a
verdade defraudoume bastante, ademáis de que non o cheguei a entender moi ben,
xa que un libro tan sinxelo con un final tan elaborado non é que me chegase a
gustar moito, ademáis de que non me entusiasmou demasiado que non soupéramos ao
final que foi do principiño.
A parte diso é unha obra que eu recomendo sobre todo a xente que esté
empezando nisto da lectura xa que é unha peza moi sinxela e que se le en moi
pouco tempo.
Sen comentarios
Publicar un comentario