Este libro de Xesús Fraga foi o que menos me gustou de todos os que lin
durante o curso. Non me gustou o argumento da historia nin o transcurso dos
feitos, aparte de que me pareceu bastante aburrida. A única conclusión positiva
que saco desta historia son tan só uns feitos puntuais do trancurso da
narración e algúns personaxes. A pesar de todo isto hai algo na forma de
escribir do seu autor que me gustou moito e o trazo ao que me refiro é a
capacidade que posúe Xesús Fraga para crear tan facilmente unha sensación de
intriga na figura dos lectores.
Como dixen no parágrafo de arriba, da historia tan só me gustaron uns
feitos puntuais, concretamente un. Este feito ao que me refiro é a escapada de
Cora e Reo cara a capital onde van buscar á prima de Cora, coa final
detención de ambos os dous.
En canto aos personaxes, Reo foi o meu favorito, tanto pola súa forma de
pensar como polos seus gustos. No que se refire aos seus gustos coincido con el
no gusto polo "graffiti", que a pesar de non telo posto en práctica
nunca gustaríame aprender e creo que o "graffiti" non debería estar
condenado polas autoridades xa que é unha forma de expresión artística coma
outra calquera; e se as autoridades non estivesen de acordo con esta proposta
eu sería partidario de construír un muro nas vilas para que os
"graffiteiros" expresasen o que senten.
O final da historia non me gustou porque eu sempre fun partidario de finais
felices e neste caso pois non o é, e outro detalle polo que non me gustou o
final foi non coñecer que sería de Reo e os seus amigos no futuro e tampouco
coñecer se Oni aparecería outra vez pola cidade.
1 comentario:
Reo para min foi un libro entretido e que me gustou, ao principio parecíame un pouco aburrido pero a partir do capítulo catro empezou a poñerse mais interesante e daba ganas de saber o que ía a pasar.
Publicar un comentario