O diario
violeta de Carlota fascinoume; nesta historia Carlota recibe da súa avoa
como agasallo un diario, nel irá escribindo día a día situacións de desigualdade. A
avoa ensinoulle durante a historia casos nos que se poden comprobar
perfectamente situacións horribles.
Gustoume
moito a personalidade de Carlota e a súa actitude a hora de preguntarlle aos
veciños, familiares e coñecidos que opinaban do machismo ou se pensaban que se aínda
segue a haber situacións machistas.
Grazas a
este libro tamén me decatei das palabras que no galego teñen a mesma forma para
ambos sexos, e o xeito que teñen as persoas a hora de empregalas.
O que máis
me encantou de toda esta historia foron as cartas que á avoa lle mandaba a
Carlota e que nelas se apreciaban situacións da vida moi tristes.
Recoméndollo
a todos as persoas para que saiban apreciar unha vivenza de machismo e para
que desfruten dunha boa historia como o é esta.
Sen comentarios
Publicar un comentario