Comentario de Cristina Costela Seara
Chamando ás portas do ceo
Jordi Sierra i Fabra
Edebé
“Chamando
ás portas do ceo” foi un libro que comecei a ler de forma inesperada, pero unha
vez que lin a primeira páxina non fun quen de soltalo ata rematalo. É un libro
deses que te chegan ao corazón e deixan pegada.
Por unha parte mostra a valentía de Silvia, xa que con tan
só 19 anos decide ir á India, a pesar de que o seu pai non quere e non lle parece
ben o que fai. Ela non se resiste e marcha.
Eu non sei se sería capaz de pasar por todas as situacións
que pasou Silvia, como por exemplo, a morte de Sahira. A min chegoume e
provocoume tristeza, era como se eu a coñecese de toda a vida, se me pasara a
min non creo que fose capaz de seguir alí.
Penso que todo o mundo, debería pensar igual que Silvia, en
salvar o mundo e axudar aos demais, porque nós temos sorte de nacer aquí, onde
temos todas as comodidades, e aínda así non nos conformamos, mentres que outros
non teñen nada e sen embargo, confórmanse con pouco.
Leo, nun primeiro momento, non aceptou a Silvia, tan só por
ser guapa e tamén polo que lle pasara coa súa noiva, pero acabaron sendo amigos
a pesar de ter culturas distintas, idioma...
Nalgunhas partes do libro, Viji, transmitoume tristeza,
porque como era coxa, ninguén quixo casar con ela, a pesar de que os
matrimonios alí eran pactados. Sempre xulgando e discriminando polo físico! E
sen embargo era unha rapaza cun gran corazón, que sempre intentaba axudar aos
demais.
Creo que a India é unha boa experiencia para Silvia porque
está alí soa e tense que valer por si mesma, aínda que Elisabeth e Giner, cos
que fixo de Celestina, a trataban como unha filla. E tamén con Leo e Mahendra,
cos que trabou unha boa amizade, que perdurará, porque como din a India é a
India.
A actitude de Silvia pareceume a axeitada sempre intentando
facer o mellor, colaborando, defendendo o RHT e axudando como fixo coa nena ao
adoptala, esa foi a parte que máis me gustou.
O final sorprendeume, esperaba que xurdira o amor entre Leo
e Silvia, pero non foi así.
É un libro cheo de maxia e que te enche de emocións.
Sen comentarios
Publicar un comentario