Comentario de Miguel Oro Vence
Reo
Xesús Fraga
Galaxia
Reo
Xesús Fraga
Galaxia
Reo é unha novela na que o protagonista é un graffiteiro. Un rapaz que
podería ser calquera de nós. Un rapaz que ten intención de encher a cidade cos
seus deseños e pór a súa sinatura en todas as partes. O malo é que a súa familia
oponse porque quere para el algo máis proveitoso.
Todo cambia cando seu pai entra nun ere. Ao estar na
casa seu pai todo o día. Ademais descobre que ten un rival na cidade que deixa
máis sinaturas coa súa creatividade, que é o Oni.
En resumo este libro fala da identidade dun adolescente, que se intenta coñecer
a si mesmo e que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana.
O que lle ocorre a Reo son problemas que lle pasan ós adolescentes hoxe
en día e iso é o que o fai interesante cando menos para min: que os maiores se
enfronten aos problemas do paro que hai na casa, que presentan a rebeldía
porque non son aceptados polas súas inquedanzas ou problemas tan serios como os
da droga que levan á morte do seu amigo, ou o primeiro amor.
En definitiva os mozos de hoxe en día coas súas inquedanzas nun ambiente
hostil pero ao que teñen que enfrontarse.
Sen comentarios
Publicar un comentario