Comentario de María Rodríguez González
O novo diario dun xove maniático
Aidan MacFarlane. Ann McPherson
Neste libro apréndense moitas
cousas da vida real, xa que fala dos problemas dos adolescentes (drogas, sexo,
acne, alcohol, dietas...) e responde a moitas preguntas que estes non se
atreven a formular.
Pete Payne, o protagonista: está
moi ben que vaia apuntando o que lle ocorre día a día no seu diario xa que nos
conta historias que lle ocorren e que poden servir de ensinanza para os
adolescentes da actualidade.
Unha ensinanza que se pode extraer
é que loites ata o final ata conseguir o que queres.
Pareceume entretido e interesante.
Sen comentarios
Publicar un comentario