
Comentario de Alba García González
O diario violeta de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
O Diario violeta de Carlota é moito máis ca una novela, cá
un diario, é una narración moralizante na que una nena, Carlota, e a súa avoa nos
van ensinando os prexuízos e desigualdades que aínda hoxe en día existen. Non
nos decatamos deses pequenos detalles no noso día a día que como o vemos
tan habitual non lle prestamos atención.
Creo que moitas das mulleres afectadas deberían poñerse
esas ``lentes de cor violeta´´ para darse conta do que lle sucede.
As cartas que mostra este libro son bastante fortes no
sentido de que esas persoas non son tratadas como tal, iso é moi inxusto .
Este libro recomendaríallo a moitos da miña clase, e a
moitos nenos e nenas da nosa idade co fin de que algún día futuro estas
desigualdades non existan.
Sen comentarios
Publicar un comentario