ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/12/14

Cartas de inverno

Comentario de Miguel Oro Vence



 
Cartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais





O libro comeza cun narrador omniscente que o sabe todo sobre os personaxes; pero que grazas ás cartas saibamos todo o que acontece gustoume.
Sen dúbida que a temática sexa de terror é outro dos asuntos do libro que me resultou interesante. A aparición de casas antigas, vellas, encantadas, seres misteriosos... fai que o libro sexa entretido.
Por último que na narración fale de elementos da arquitectura galega como o castelo de Andrade ou de petróglifos ou de mitos da nosa cultura como o da santa compaña … é dicir de elementos da nosa cultura, resulta tamén atractivo.

Sen comentarios