ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Anxo Gil Figueiras


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 


"Unha rosa é unha rosa" pode parecer frouxo polo seu escaso tamaño, pero as aparencias enganan. Unha especie de parodia de conto de terror onde se mostra ata onde a xente é capaz de chegar por mor dos cartos.
Persoalmente, creo que os personaxes de Pololo e Adela son os personaxes que máis se moven polos cartos, tendo Pololo un problema co xogo. Foncho e Puri son máis normais, dentro do estrambótico; ambos teñen delirios de grandeza, xa sexa xogando ao golf ou querendo unha criada na que poder mandar. O meu persoaxe favorito é Rosa, tan inocente a primeiras e tan vingativa con seus sobriños.
O libro, unha comedia disfrazada de conto de medo, é un libro humorístico e sarcástico que me fixo rir en máis dunha ocasión. Gustoume moito o estilo de Suso de Toro e gustaríame ler máis libros del.

Sen comentarios